Monday 06 de May de 2024

Adxudicada a pavimentación e ampliación da estrada de Lixó na parroquia de Oleiros


O Concello de Riveira informa da adxudicación dunha actuación dirixida á pavimentación da estrada de Lixó na parroquia de Oleiros.

A empresa que resultou adxudicataria da mesma foi Canarga, S.L., por un importe económico de 35.500 euros, IVE incluído. Cómpre sinalar que esta obra conta co financiamento da Unión Europea (Fondos Feader), do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo notificación da resolución de concesión de subvención de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

868 metros
Esta estrada presenta un pavimento con aglomerado asfáltico moi deteriorado nalgúns tramos, co que se pretende mellorar o firme actual a través dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de 5 centímetros de espesor nunha lonxitude de 868 metros lineais (4.58 metros cadrados), ao tempo que se ampliará en 80 centímetros a plataforma de rodadura.

O prazo de execución dos traballos é dun mes e medio.